A túa lingua na miña orella

O alumnado de 4ºESO realizou un traballo en parellas, partindo de música galega de mulleres de diferentes estilos musicais. Elaboraron un traballo escrito e unha presentación oral no que debían analizar: temática, instrumentación, estilo, aspectos da linguaxe musical (ritmo, melodía, tempo...), ademais dunha breve biografía arredor da intérprete/grupo en cuestión. Finalmente, seleccionaron uns temas que se recolleron nun cd que se lle entregou a cada alumno. Se queres escoitar estas cancións podes facelo directamente no blog.

Esquecidas e mal recordadas

Con Esquecidas e mal recordadas pretendemos, mediante unha selección de curtas documentais realizadas integramente polo alumnado, devolverlles o lugar que lle corresponde na historia e algunha de tantas mulleres galegas ás que o pano dos séculos teimou en tapar ou desdebuxar. Xoana de Vega Pepa a Loba María Soliño María Pita María a Balteira Inés de Castro A condesa de Altamira Image Map


Exeria

O alumnado de latín estivo traballando na figura de EXERIA. Fixeron unha presentación sobre a vida desta muller e unha entrevista que foi representada polo alumnado de Teatro e que se pode visualizar na entrada de Donas do noso, facendo click enriba do nome podemos ver o vídeo da representación.
O texto integro da entrevista e a presentacion podese ver facendo click enriba das seguintes imaxes.


 Exeria






Mulleres galegas

Os alumnos e alumnas de 1ºBacharelato estiveron traballando na biografía dalgunhas mulleres galegas.

Se premes no nome destas mulleres poderás ir vendo estes traballos.


Actrices Actrices galegas María Xosé Queizán Eli Rios Baia Fdez de la Torre Guadi Gallego Fina Casalderrey Guadi Gallego Ses Ledicia Costas MX Queizán Inma López Silva Ses Image Map

Mulleres galegas en castelán


             Houbo algunhas mulleres galegas que tamén escribiron en castelán. Se queres sabes mais preme enriba da imaxe.

Engadir título
Mujeres en la literatura española El castellano en la vida de escritoras gallegas Mujeres gallegas en castellano Mujeres gallegas en la literatura española Mujeres gallegas Mujeres en castellano Image Map

Fotos do Proxecta



             Fixemos moitas fotos do Proxecta! Preme na imaxe se queres velas!



 Fotos do proxecta

Donas do noso



A LINGUA DELAS, A NOSA LINGUA

DONAS DO NOSO – CONQUISTADORAS DA VIDA COTIÁ

            O alumnado de teatro de 1ºBACH deu forma a todo o traballo realizado ao longo deste curso a través de pequenas representacións teatrais. Unha vez seleccionadas as mulleres a representar, elaboradas a súas biografías, estudado o contexto social e elaborados os guións guiados por outro profesorado implicado no proxecto, fixemos o reparto de guións. O alumnado encargouse de analizar a vestimenta e peiteados, a expresión corporal, xestos e posturas, a forma de falar… E adaptaron os guións para facelos máis seus e darlles un pouco de personalidade. Ensaiaron primeiro o texto, sen escenificación, para traballar a voz (ton, dirección, proxección) e logo a escenificación, para, por último, poñer en escea un total de 21 pequenas representacións teatrais. Estas foron grabadas en vídeo para a súa posterior difusión na rede.

            Co alumnado de 2ºESO realizamos unha búsqueda de mulleres deportistas da zona para a súa selección para encabezar algún mes da axenda que se vai a levar a cabo para o vindeiro curso, así como outras mulleres deportistas galegas que destacaron ao longo da historia para as efeméridis de dita axenda.


            Preme na imaxe para ver os diferentes videos.




Antía García Baia Fdez de la Torre Matriarcas Conquistadoras da vida cotiá Cristina Pato Cristina Pato Emilia Pardo Bazán Emilia Pardo Bazán Rosalía de Castro Rosalía de Castro Rosalía de Castro Exeria Fina e Rosalía Fina e Rosalía Fina e Rosalía Lúa Piñeiro Lúa Piñeiro Luz Casal Luz Casal Maruxa e Coralia Maruxa e Coralia Tamara Andrés Antía García Image Map